Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2013/064).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Foxo, S.L.

Domicilio social: Torelo, 15, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Denominación: LMTAS Torelo-O Careixo.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aerosubterránea (LMTAS) a 20 kV, con orixe no apoio existente HVH-1600-15 da LMTA Torelo-Reparada (expediente 50.869) o cal se adaptará a apoio de amarre, instalándose pararraios, curtocircuítos fusibles XS e un paso aerosubterráneo, desde o cal se realiza o tendido subterráneo en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al + H16, sendo o primeiro tramo de lonxitude 670 m en canalización existente (expediente IN407A 2009/503) e un segundo de 597 m en canalización nova, e final en cela de liña existente no centro de interconexión e seccionamento O Careixo existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña