De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase mediante anuncio no DOG a resolución do procedemento ao interesado que se sinala no anexo.
A interesada poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Expediente: IN 635C SANC-COM2012/6-3.
Interesada: Sepaleme, S.L.
Acto notificado: resolución.