Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28629

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1493/2011 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1493/2011/MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 746/2007 Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Recorrente: Antonio Diéguez Diéguez.

Avogado: José Antonio Pérez Fernández.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: Pizarras Nano, S.L.

Avogado: Manuel Rodríguez López.

Procurador: Marcial Puga Gómez.

Recorrido: Excavaciones Ucediños, S.L.

Recorridos: Desmontes Richard, S.L. e Ruedas Richard Barco, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1493/2011 desta sección, seguido por instancia de Antonio Diéguez Diéguez, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a empresa Pizarras Nano, S.L., Excavaciones Ucediños, S.L., Desmontes Richard, S.L. e Ruedas Richard Barco, S.L., sobre incidente de execución, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Ditaminamos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Antonio Diéguez Diéguez así como polo INSS e a TXSS contra o auto ditado en data 18 de outubro de 2010, en execución 309/2009, seguido por instancia do recorrente Sr. Diéguez Diéguez contra as outras recorrentes, así como contra as empresas Pizarras Nano, S.L., Ruedas Richard Barco, S.L., Excavaciones Ucediños, S.L. e Desmontes Richard, S.L., debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás entidades Desmontes Richard, S.L. e Ruedas Richard Barco, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial