Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28631

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 222/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 222/2011 CG.

Xulgado de orixe/autos: demanda 251/2010 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Diego Barcia Sanjurjo.

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grúas Dalbe, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274.

Avogada: María del Carmen Orjales Mariño.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 222/2011 CG seguido por instancia de Diego Barcia Sanjurjo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grúas Dalbe, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274, sobre accidente de grao, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Ditaminamos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Pedro Pedreira Candal, actuando en nome e representación de Diego Barcia Sanjurjo contra a sentenza de data vinte e catro de setembro de dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña en autos número 251/2010, seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Ibermutuamur e a empresa Grúas Dalbe, S.L., debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Grúas Dalbe, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no Polígono Industrial de Espírito Santo, Cambre, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de xuño de 2013

A secretaria xudicial