Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28628

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se integra a Santiago Bernardo Tarrío Carrodeguas, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por Santiago Bernardo Tarrío Carrodeguas, con DNI número 33237327-G, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Expresión Gráfica Arquitectónica, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integralo/a no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Expresión Gráfica Arquitectónica, con efectos económicos e administrativos do 4 de xullo de 2013.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña