Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28637

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5656/2010 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5656/2010 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 643/2009 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrentes: Sergio Barrio García, Isabel Veiga Pujales, Rosa María da Vila Costa.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5656/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de Sergio Barrio García, Isabel Veiga Pujales, Rosa María da Vila Costa contra a empresa Fogasa, Isleña Marítima de Contenedores, S.A., Tasmar Logística, S.A., Contenemar Barcelona, S.A., Termisur Eurocargo, S.A., Contenemar, S.A., Contenemar Galicia, S.A., Contenemar Tenerife, S.A., Contenemar Bilbao, S.A., África Container Lines, S.A., Ignacio Zornoza Pérez, Grupajes del Mar, S.A., Tercovi, S.L., Macargo, S.A., Grupajes del Mar, S.A., Las Palmas GC, Grupajes del Mar, S.A., SC Tenerife, Puerto de Las Palmas GC (CMC, Talleres Caleta y LMC), José Luis Fernández Arimany, Armando Betancor Alamo, Julián José Barrios Sánchez, Javier Pérez Salgado, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Sergio Barrio García, Isabel Veiga Pujales e Rosa María da Vila Costa contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, do 23 de setembro de 2010, en autos número 643/2009, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e lle sirva de notificación a Javier Pérez Salgado, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial