Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28635

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 152/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 152/2011 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 213/2009 Xulgado do Social número 2 de Ferrol.

Recorrente: Navantia, S.A.

Avogado: Francisco Javier García Ruiz.

Recorridos: Izar Construcciones Navales, S.A., Chocolates Elgorriaga, S.L., Félix Teijeiro Montes, Detor, S.L.

Avogados: Julián María Crespo Carrillo, (…), Manuel Casal Fraga (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 152/2011 desta sección, seguido por instancia de Navantia, S.A. contra a empresa Izar Construcciones Navales, S.A., Chocolates Elgorriaga, S.L., Félix Teijeiro Montes, Detor, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Navantia, S.A. contra a sentenza de data 7.6.2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos 213/2009, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Chocolates Elgorriaga, S.L. e Detor, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

A secretaria xudicial