Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (438/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 438/2011 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Carlos Alejandro Cano Garzón contra a empresa Acciona Infraestructuras, S.A., Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Proesga, S.L. (Arbitek), Arbitek Galicia, S.L., Segipsa, Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria del Patrimonio, S.A., administración concursal de Proesga, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Que estimando a demanda formulada por Carlos Alejandro Cano Garzón contra a empresa Arbitek Galicia, S.L., condénoa a lle aboar a cantidade de 1.178,52 euros que lle debe en concepto de salarios, que deberán ser incrementados cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores; e 1.347,40 euros en concepto de axudas de custo.

2º. Desestímase a acción exercida contra Proesga.

3º. O Fogasa deberá aterse a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para sirva de notificación á empresa Arbitek Galicia, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

O secretario xudicial