Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28527

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (564/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Auto.

Ferrol, 10 de abril de 2013.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de medidas provisionais número 564/2012 coetáneas á demanda de adopción de medidas paterno-filiais número 564/2012, seguidos ante este xulgado por instancia de Rosa Yineth López Martínez, representada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira e asistida polo letrado Sr. Crego Fojo, contra Jorge Armando Restrepo Ortega, en rebeldía, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Que estimando a solicitude das medidas provisionais coetáneas á demanda de medidas paterno-filiais efectuada por Rosa Yineth López Martínez, representada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira, contra Jorge Armando Restrepo Ortega, en rebeldía, debo acordar e acordo as seguintes:

1. Que a patria potestade da filla menor Ashley Restrepo López será compartida, así como que a garda e custodia desta corresponderá á nai.

2. Que o dereito de visitas a favor do pai consistirá en que poderá comunicarse coa súa filla, mentres esta non alcance a idade de 4 anos, unha semana o sábado desde as 16.00 ata as 20.00 horas; e a semana seguinte, o domingo desde as 12.00 ata as 14.00 horas.

3. Que a contribución aos alimentos que o pai deberá aboar a favor da filla menor será de 150 euros mensuais, cantidade que deberá facer efectiva a nai na conta corrente que esta designe por meses anticipados, dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que deberá ser actualizada anualmente segundo a variación do IPC.

Todo iso sen facer expresa imposición de custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol e o seu partido xudicial. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, Jorge Armando Restrepo Ortega, expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 10 de xuño de 2013

O/a secretario/a xudicial