Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1073/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hugo Pereira Lima Will contra a empresa Servicur Ser. Aux., S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Resolvo:
1º. Que estimando parcialmente a demanda formulada por Hugo Pereira Lima Will contra a empresa Servicur Ser. Aux., S.L., condénoa a lle aboar a cantidade de 1.241,34 euros.
2º. O Fogasa deberá aterse a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».
E para que sirva de notificación á empresa Servicur Ser. Aux., S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 27 de xuño de 2013
O secretario xudicial