Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28531

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (457/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 457/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Ferro García contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Que estimando a demanda formulada por Eva María Ferro García contra a empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., condénoa a lle aboar a cantidade de 6.397,48 euros en concepto de indemnización por despedimento.

2º. O Fogasa deberá aterse a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0457 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 00457 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para sirva de notificación á empresa Proxectos Tecnolóxicos do Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

O secretario xudicial