Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1046/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1046/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Novo Fernández contra a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando a demanda formulada por José Ramón Novo Fernández contra a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., condénoa a lle aboar a cantidade de 875,27 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. E absolvo de demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para sirva de notificación á empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xuño de 2013

O secretario xudicial