Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (246/2011).

Número de autos: procedemento ordinario 246/2011 F.

Demandante: Francisco Javier Figueroa Villar.

Avogada: Cristina Gómez Lozano.

Demandados: Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) .

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 246/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Figueroa Villar contra a empresa Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 370/2013.

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Procedemento: autos número 246/2011.

Sentenza.

A Coruña, 20 de xuño de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 246/2011, seguidos por instancia de Francisco Javier Figueroa Villar, representado pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L., con intervención procesual do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda, que foi adxudicada por quenda e recibida neste xulgado con data 9 de marzo de 2011, contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que condiderou pertinentes, remataba suplicando que se dite sentenza pola cal se condene a empresa ao aboamento ao demandante da cantidade de 4.017,14 euros, máis o 10 % de xuros por mora conforme o artigo 29.3 do ET e con condena á empresa da multa de 600 euros por incomparecer inxustificadamente ao acto de conciliación, conforme o artigo 66.3 en relación co artigo 66.1 da LPL.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, sen que comparecese a demandada malia ser citada en legal forma. Ratificada a demanda, foi recibido o xuízo a proba e a parte propuxo interrogatorio de parte e documental, e logo de declaración de pertinencia uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 26.5.2010 coa categoría profesional de oficial de segunda e cun salario mensual de 1.510,12 euros co rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. Tras a extinción da relación laboral a empresa débelle á demandada a cantidade de 4.017,14 euros correspondentes ao salario de decembro de 2010 e xaneiro de 2011 e paga de decembro de 2010, todo iso segundo a desagregación que se recolle no feito segundo da demanda, que se dá por reproducido.

Terceiro. Con data 25.2.2011 tivo lugar o acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de intentado sen efecto, ao non comparecer a conciliada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos, e así da documental achegada pola demandante, comprensiva de nóminas e contrato de traballo, sen prexuízo do que se expresa a continuación en torno á valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento exerce o demandante reclamación de cantidade correspondente á liquidación salarial ao tempo do cesamento comprensiva de salarios por días traballados, parte proporcional de pagas extraordinarias e vacacións, sen comparecer a empresa demandada correctamente citada.

Tendo en conta que o principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante veña obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a eles; e que é ao demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o dito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación pecuniaria, tendo en conta a documental achegada e, en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da LPL/LRJS, débeselle ter ante a súa non comparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obriga, todo o cal comporta as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e corresponde ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC); sen practicarse a dita proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. É aplicable o xuro moratorio previsto no artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos de natureza salarial.

Cuarto. Non procede a imposición de custas ou sanción ao non se ter achegado papeleta de conciliación.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Ditanimo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Javier Figueroa Villar fronte á empresa Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 4.017,14 euros e os xuros moratorios do 10 % do artigo 29.3 do ET.

Engadir recurso de suplicación e depósito.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial