Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (427/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 427/2011, por instancia de Georgina Acuña Onnainty contra a empresa Paños Intersport, S.L., o grupo Paños Intersport, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 10.6.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Georgina Acuña Onnainty fronte a Paños Intersport, S.L. e o grupo Paños Intersport, S.L. e, en consecuencia:

– Absólvese o grupo Paños Intersport, S.L. das pretensións fronte a el dirixidas.

– Condénase a empresa Paños Intersport, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de dous mil trinta e seis euros con trinta céntimos de euro (2.036,30 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma á empresa Paños Intersport, S.L. e ao grupo Paños Intersport, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

O secretario xudicial