Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 129/2009).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2009 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Rufino Castro Santiso, Secundino Pérez García, Manuel Perol González y Víctor Brea Dono contra Construcciones Cancelo, S.C., Francisco Javier Silva Cancelo y Francisco Javier Cancelo Garazo, se ditou Decreto do 13 de xullo de 2012, declarado firme, polo que se declarou a insolvencia provisional total dos executados Construcciones Cancelo, S.C., Francisco Javier Silva Cancelo y Francisco Javier Cancelo Garazo, pola suma de 101.353,50 euros, o cal se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LXS.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial