Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1009/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1009 /2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rogelio Rivas Castro contra a empresa Ramón Carlín Couto, S.L., Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Couto Ramón Carlín, Noal Mercedes González, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Tense a Rogelio Rivas Castro por desistido da demanda de despedimento promovida contra Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, S.C., Mercedes González Noal, Miguel Cebreiros, e Ramón Carlín Couto, con arquivamento do presente procedemento respecto destes.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Rogelio Rivas Castro contra Ramón Carlín Couto, S.L., declaro a nulidade do despedimento do demandante efectuado pola demandada con efectos do 6 de novembro de 2012 e declaro extinguida á data da presente resolución a relación laboral que vinculaba Rogelio Rivas Castro con Ramón Carlín Couto, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de vinte e oito mil quiñentos corenta euros con trinta e dous céntimos (28.540,32 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Cebreiros, S.C., e a Ramón Carlín Couto, Miguel Cebreiros e Mercedes González Noal, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

A secretaria xudicial