Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28441

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (885/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 885/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Baldomir Regueira contra a empresa Denim Sport Wear, S.L., Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto, e á vista do peche dos centros de traballo declaro a extinción da relación laboral que unía a traballadora coa empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear, S.L.) na data da presente resolución, condenando a Denim Sport Wear, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 9.667,3 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Don Vaquero Sport Wear, S.L. e a Denim Sport Wear, S.L. actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

A secretaria xudicial