Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28431

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (168/2011).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago constar que no presente procedemento seguido por instancia de Francisco Adalid López fronte a Edna Carmen Gonçalves Paciello se ditou a sentenza cuxo extracto literal di:

«Sentenza.

En Ferrol o vinte e nove de setembro de dous mil once.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, estes autos de divorcio contencioso nº 168/2011, seguidos ante este xulgado por instancia de Francisco Antonio Adalid López, representado pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira e asistido pola letrada Sra. Aneiros Barros, contra Edna Carmen Gonçalves Paciello, en rebeldía.

Resolvo:

Que, aceptando a demanda contenciosa de divorcio interposta por Francisco Antonio Adalid López, representado pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira, contra Edna Carmen Gonçalves Paciello, en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes con todos os efectos legais, o que comporta a disolución do réxime económico-matrimonial entre ambos os dous. Despois de se producir, desde o momento da interposición da demanda de divorcio que nos ocupa, os seguintes efectos:

Primeiro. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal, e

Segundo. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes lle tivese outorgado ao outro. Así mesmo, salvo pacto en contrario, cesa a posibilidade de vincular os bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

Iso sen facer especial pronunciamento respecto das custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón e quede o orixinal no libro dos da súa clase.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos cinco días seguintes ao da súa notificación. Para o cal deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Unha vez asine esta resolución, expídase testemuño para a súa anotación marxinal na inscrición de matrimonio dos ex-cónxuxes no Rexistro Civil de Ferrol.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Estando a dita demandada, Edna Carmen Gonçalves Paciello, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Ferrol, 10 de xuño de 2013

Rebeca Delgado Marzán
Secretaria xudicial