Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28429

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4649/2010 -RF-).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4649/2010 -RF-.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 151/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Moisés Barreiro Iglesias.

Avogada: Isabel Gómez Soler.

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro.

Recorridos: AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros y Reaseguros, S.A., Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., administración concursal Construcciones y Promociones Sarayma, S.L.

Avogados: Ramiro J. Andrés González, Álvaro Jaime Lois Puente.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4649/2010 -RF- desta sección, seguido por instancia de Moisés Barreiro Iglesias contra a empresa AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros y Reaseguros, S.A., Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., administración concursal Construcciones y Promociones Sarayma, S.L. sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación de Moisés Barreiro Iglesias contra a sentenza de catro de xuño de dous mil dez ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos autos 151/2010 seguidos por instancia da recorrente contra a empresa AXA Aurora Ibérica, S.A. de Seguros, declaramos o dereito do demandante a percibir unha indemnización por importe de 64.598,64 €, elevando a condena fixada en instancia ata esta contía e mantemos o resto do pronunciamento de instancia no que se refire á existencia dunha franquía de 1.200 € así como a devindicación de xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro desde a notificación da sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

A Coruña, 25 de xuño de 2013

A secretaria xudicial