Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28427

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1086/2013).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1086/2013 desta sección, seguido por instancia de Galp Energía España, S.A.U. (antes Petrogal Española, S.A.) e Manuel Cabana Freire contra a empresa Bravio Gest I, S.L. e Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Ditaminamos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Manuel Cabana Freire, así como o interposto pola demandada Galp Energía España, S.A.U., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia do expresado demandante fronte á referida empresa e a tamén demandada Bravio Gest I, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á recorrente Galp Energía España, S.A.U. das costas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 600 € en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bravio Gest I, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial