Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28132

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (436/2012).

Acordado no rolo de apelación civil número 436/2012, dimanante dos autos de procedemento ordinario número 694/2008, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, ditouse sentenza co número 141/2013, cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza 141/2013.

Señores do tribunal:

Presidente: Antonio-Juan Gutiérrez R.-Moldes.

Maxistrados: Jaime Esaín Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, 11 de abril de 2013.

Visto en grao de apelación ante esta Sección 3 da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 694/2008, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación R (LECN) 436/2012, en que aparece como parte apelante María Amelia Núñez Blanco, representada pola procuradora dos tribunais Yolanda González Alonso, asistida polo letrado Francisco Javier Gamero Esquivel, e como parte apelada José Ramón Mosquera Cabaleiro, representado polo procurador dos tribunais Antonio Daniel Rivas Gandasegui, asistido pola letrada Sra. Fernández Montes; herdanza xacente Tarsicio José Iglesias Rey e descoñecidos e incertos herdeiros; e o Ministerio Fiscal, sendo o maxistrado relator Antonio-J. Gutiérrez R.-Moldes.

Ditame:

Desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación de María Amelia Núñez Blanco e confirmamos a sentenza apelada, con imposición das custas desta instancia á parte apelante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta sentenza non é firme e contra ela poderán optar as partes lexitimadas por interpor o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte á súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e seguintes e a disposición derradeira 16a LAC/00.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído na conta de depósitos e consignacións deste órgano un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Unha vez firme, expídase testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia para os efectos oportunos.

Notifíquese, así mesmo, esta resolución ao/aos apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación a herdanza xacente Tarsicio José Iglesias Rey, expídese e asina o presente edicto.

Pontevedra, 9 de maio de 2013

O secretario xudicial