Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28134

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (147/2010).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza no 8 de xuño de 2012 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Lalín, 8 de xuño de 2012.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario 147/2010, por instancia do procurador Sr. Ceán Garrido, en nome e representación da entidade Galper Gallega de Persiana, S.L., defendida polo letrado Sr. Platero López de Turiso, contra Instalvenpu, S.L., Javier Tato Arca, José Camba Tato e José Francisco López Barreiro, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por instancia da procurador Sr. Ceán Garrido, en nome e representación da entidade Galper Gallega de Persiana, S.L., defendida pola letrada Sr. Platero López de Turiso, contra Instalvenpu, S.L., Javier Tato Arca, José Camba Tato e José Francisco López Barreiro, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno os codemandados Instalvenpu, S.L., Javier Tato Arca, José Camba Tato e José Francisco López Barreiro a aboaren solidariamente a Galper Gallega de Persiana, S.L. a cantidade de 50.715,52 euros máis os xuros legais e de demora establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, que establece medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais.

Será a cargo dos codemandados condenados o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma e advírtaselles que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se a parte interesada non demostra ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante LO 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituíren o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente sentenza ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño aos autos principais.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a ditou celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Camba Tato, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación e para a súa inserción no DOG.

Lalín, 2 de maio de 2013

O/a secretario/a