Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28130

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1203/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1203/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 670/2010 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: Juan Manuel Diéguez Fernández.

Avogada: Beatriz Cortes Vázquez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Transportes y Distribución, S.A. (Tradisa).

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araujo, (…)

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1203/2011, seguido por instancia de Juan Manuel Díez Fernández fronte á Mutua Fremap, INSS, TXSS e Transportes y Distribución, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación articulado por Juan Manuel Diéguez Fernández contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense, de data 16 de decembro de 2010, en autos número 670/2010, sobre revisión de grao de incapacidade permanente derivada de accidente de traballo, instado polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Tradisa, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á patronal Transportes y Distribución, S.A. (Tradisa), con último domicilio coñecido na estrada de Camposancos, 4, 36213 Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial