Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (228/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 228/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Souto Tojo contra a empresa UTE Langosteira, Servicur Servicios Auxiliares, S.L. Coruña, Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza:

A Coruña, 19 de xuño de 2013

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 228/2011, sendo parte neste, dun lado como demandante, Alfonso Souto Tojo, asistido polo letrado Sr. Pousa Merens, e doutro, como demandada, a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L. e UTE Langosteira, que non comparecen, e o Fogasa, asistido pola letrada Sra. Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Ditame:

Estímase a demanda interposta por Alfonso Souto Tojo fronte a Servicur Servicios Auxiliares, S.L., con intervención con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.819,99 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servicur Servicios Auxiliares, S.L. Coruña, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial