Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1308/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1308/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Luis Cruz Martínez contra a empresa Bergondo Trucks, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza:

A Coruña, 17 de xuño de 2013

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1308/2012, sendo parte neste, dun lado, como demandante, Pedro Luis Cruz Martínez, asistido polo letrado Sr. Fernández Veiga, e doutra, como demandada, a empresa Bergondo Trucks, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Pedro Luis Cruz Martínez fronte a Bergondo Trucks, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento do demandante efectuado pola empresa demandada.

– Condénase a empresa demandada a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 49,90 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 7.198,75 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización enténdese que procede a primeira.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bergondo Trucks, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial