Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (356/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 356/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Sánchez Prieto contra a empresa Onkawa Belleza, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que estimando a demanda formulada por Silvia Sánchez Prieto contra a empresa Onkawa Belleza, S.L. condénoa a lle aboar a cantidade de 963,64 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Onkawa Belleza, S.L. expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xuño de 2013

O secretario xudicial