Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1152/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1152/2010, por instancia de María del Carmen Rodríguez Valiña e Raquel Redondo Rodríguez contra a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 13 de xuño de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase a demanda interposta por María del Carmen Rodríguez Valiña e Raquel Redondo Rodríguez, como sucesoras de Álvaro Redondo Muíño contra a entidade Servicur Servicios Auxiliares, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L. a aboar á demandante a cantidade de novecentos oitenta e un euros con corenta e catro céntimos de euro (981,44 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial