Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27924

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 560/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 560/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 20/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Manuel Eugenio Díaz Lago.

Avogado: José Luis Feijoo Borrego.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros A Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, José Luis Rocha Portela.

Avogados: Ramiro J. Andrés González, José Manuel González-Novo Martínez, Beatriz Goicoechea Fabregas, (…), Juan Miguel Griño Pascual de Bonanza, José Antonio Fernández Fernández (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 560/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Eugenio Díaz Lago contra a empresa Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros A Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, José Luis Rocha Portela, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos estimando en parte o recurso interposto por Manuel Eugenio Díaz Lago contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, de data 2.10.2010, en autos número 20/2010, sobre reclamación de cantidade, instados por aquel fronte a Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Mussat, Aegón Seguros, S.A., Groupama Grupo Plus Ultra Seguros y Reaseguros, S.A., José Luís Rocha Portela e José Manuel Fouces Díaz, revogamos a sentenza de instancia no atinente á contía da indemnización que se fixa na suma total de 29.655,57 euros, así como na condena solidaria da empresa Insuiña, S.L., mantendo no demais os pronunciamentos contidos na parte dispositiva da resolución a quo. Debe dárselles aos depósitos e consignacións o destino legal correspondente. Non procede a expresa imposición de custas do recurso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos. Seguen as firmas e a publicación.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Norsema, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Falcoa, Portoloureiro, Castrelos, s/n, Vigo.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial