Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27923

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José María Regojo Balboa, Mª José Fernández Soneira e Fernando Heras Raposo.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 370/2013 (procedemento de dereitos fundamentais), interposto por José María Regojo Balboa, Mª José Fernández Soneira e Fernando Heras Raposo, contra a Resolución do 30 de abril de 2013 (DOG do 14 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.

Impúgnase do anexo IV da convocatoria, baremos, o punto 2 referido a experiencia profesional, ao considerar os recorrentes que a puntuación outorgada á experiencia profesional nos centros públicos é desproporcionada con respecto á outorgada aos centros concertados, polo que se solicita a súa nulidade.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos