Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27626

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (15/2013-S).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de conflitos colectivos 15/2013-S deste tribunal, seguido por instancia da Federación de Industria y de los Trabajadores Agrarios de la UGT (Fitag-UGT) contra o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, a Confederación Intersindical Galega, a Asociación de Empresarios Distribuidores y Embotelladores de Bebidas, a Asoc. Prov. de A Coruña de Almacenistas y Embotelladores de Vino, a Federación Vitivinícola de Galicia, a Asoc. Regional de Empresarios Vitivinícolas de Galicia, a Asoc. de Distribuidores de Bebidas y Productores Análogos de Galicia, a Asoc. Gallega de Distribuidores de Alimentación y Bebidas, a Federación de Asoc. de Cocineros y Distrib. de Alimentación y Bebidas de Galicia, a Asoc. Gallega de Distrib., Comercio e Industria de la Alimentación, Bebidas y Product. e a Confederación de Trabajadores Independientes (CTI) integrada no CSI-CSIF, sobre conflito colectivo, ditouse a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Federación de Industria y de los Trabajadores Agrarios de la UGT (Fitag-UGT) presentou unha demanda de conflito colectivo contra o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, a Confederación Intersindical Galega, a Asociación de Empresarios Distribuidores y Embotelladores de Bebidas, a Asoc. Prov. de A Coruña de Almacenistas y Embotelladores de Vino, a Federación Vitivinícola de Galicia, a Asoc. Regional de Empresarios Vitivinícolas de Galicia, a Asoc. de Distribuidores de Bebidas y Productores Análogos de Galicia, a Asoc. Gallega de Distribuidores de Alimentación y Bebidas, a Federación de Asoc. de Cocineros y Distrib. de Alimentación y Bebidas de Galicia, a Asoc. Gallega de Distrib., Comercio e Industria de la Alimentación, Bebidas y Productos Análogos de Galicia e a Confederación de Trabajadores Independientes (CTI) integrada no CSI-CSIF.

Segundo. As partes comparecentes, a Federación de Industria y de los Trabajadores Agrarios de la UGT (Fitag-UGT), el Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e a Confederación Intersindical Galega chegaron a unha avinza no acto de conciliación que tivo lugar ante a secretaria xudicial, cuxo contido consta na acta expedida para o efecto, que se dá por reproducida.

Fundamentos de dereito:

Único. O artigo 84 da LRXS establece que se as partes alcanzan unha avinza, sempre que non sexa constitutiva de lesión grave a terceiro, fraude de lei ou abuso de dereito, o secretario xudicial ditará decreto aprobándoa e, ademais, acordarase o arquivamento das actuacións.

Parte dispositiva:

Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes no día da data e o arquivamento do procedemento.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño del nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Conforme o artigo 53.2 da LRXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe interpor recurso ningún por aplicación do artigo 186.4 da LRXS».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma á Asociación de Empresarios Distribuidores y Embotelladores de Bebidas, á Asoc. Prov. de A Coruña de Almacenistas y Embotelladores de Vino, á Federación Vitivinícola de Galicia, á Asoc. Regional de Empresarios Vitivinícolas de Galicia, á Asoc. de Distribuidores de Bebidas y Productores Análogos de Galicia, á Asoc. Gallega de Distribuidores de Alimentación y Bebidas, á Federación de Asoc. de Cocineros y Distrib. de Alimentación y Bebidas de Galicia, á Asoc. Gallega de Distrib., Comercio e Industria de la Alimentación, Bebidas y Productos Análogos de Galicia, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

A secretaria xudicial