Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27629

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (339/2012).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio deste edicto, anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Comunidade de Propietarios da avenida de Celanova 3 contra Antonio José Rodríguez Montero ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Peres, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 8 de marzo de 2013, estes autos de xuízo ordinario 339/2012 seguidos neste xulgado por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio nº 3 da avenida de Celanova, da Valenzá (Barbadás), representada pola procuradora Mª José Conde González e asistida pola letrada Josefa González Álvarez contra Antonio José Rodríguez Montero, en situación de rebeldía procesual».

«Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Mª José Conde González, que actúa en nome e representación da Comunidade de Propietarios do Edificio número 3 da avenida de Celanova, de Barbadás, contra Antonio José Rodríguez Montero, condeno ao demandado a pagar a suma de seis mil catrocentos corenta e tres euros con noventa e un céntimos (6.443,91 euros) en concepto de cotas ordinarias e extraordinarias da comunidade debidas con data do 11 de abril de 2012, cos xuros legais incrementados en dous puntos desde a data da sentenza e custas procesuais.

Contra a presente sentenza cabe recurso de apelación, no prazo dos vinte (20) días seguintes ao da súa notificación, en que se acredite a consignación do preceptivo depósito.

Así a pronuncia e asina».

E atopándose o dito demandado, Antonio José Rodríguez Montero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 18 de abril de 2013

O secretario xudicial