Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (119/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 119/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Sánchez Sanjurjo contra a empresa Comega Construcciones Metálicas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Sánchez Sanjurjo fronte a Comega Construcciones Metálicas, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe á parte demandante a cantidade de 3.632,62 euros, incrementada cos xuros moratorios do artigo 29.3 ET en canto a conceptos salariais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

A secretaria xudicial