Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (150/2010-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que o día 19.6.2013, no proceso seguido por instancia de Eva María Alvedro Boedo, Victoria Viñas Vázquez, Graciela Corral Vázquez e María José Gonella Beares contra Serlinter, S.A. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 150/2010-F, acordouse notificar a Serlinter, S.A., en paradoiro ignorado, a sentenza seguinte:

«Sentenza: 349/2013.

A Coruña, 19 de xuño de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver estes autos seguidos neste xulgado co nº 150/2010, sendo parte nel, dun lado, como demandantes, María José Gonella Beares, Eva María Alvedro Boedo, Victoria Viñas Vázquez e Graciela Corral Vázquez, asistidas polo letrado Sr. Pena Díaz; e Margarita María Salinas Rodríguez, Natalia Pampín Couselo e Luis Martínez Carmona, asistidos polo letrado Sr. Güémez Abad e, doutro, como demandados, a empresa Serlinter, S.A., que non comparece, e o Fogasa, que tampouco comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Os demandantes anteriormente mencionados, por medio do escrito con entrada o día 11 de febreiro de 2010 ante o Xulgado Decano, formularon demanda que foi repartida a este xulgado, na cal despois de expoñer os feitos e fundamentos que consideraron pertinentes, remataban solicitando que se ditase sentenza que condene a empresa demandada ao aboamento das sumas especificadas no feito quinto da demanda.

Segundo. Logo de escrito presentado o día 28 de maio de 2012 por parte dos demandantes, ditouse o Auto do 31 de maio de 2012, que deu os demandantes por desistidos. Non obstante, mediante o Auto do 1 de marzo de 2013, acordouse a nulidade do referido auto respecto das demandantes María José Gonella Beares, Eva María Alvedro Boedo, Victoria Viñas Vázquez e Graciela Corral Vázquez e convocouse as partes subsistentes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar o 18 de xuño de 2013, coa asistencia da parte demandante, a cal ratificou a súa demanda, sen que comparecesen a empresa demandada nin o Fogasa. A parte comparecida propuxo proba documental e interrogatorio de parte, os documentos presentados uníronse aos autos, e formulou conclusións en apoio das súas pretensións, co cal se deu por rematado o acto.

Terceiro. Na tramitación destes autos seguíronse todos os trámites legais.

Feitos probados.

Primeiro. As demandantes prestaron servizos para a empresa demandada coa categoría de limpadora e un salario segundo convenio, coa antigüidade que se relaciona:

María José Gonella Beares, desde o 19.9.2008; Eva María Alvedro Boedo, desde o 21.8.2007; Victoria Viñas Vázquez, desde o 31.3.2008, e Graciela Corral Vázquez, desde o 20.8.2007.

Segundo. Ás relacións laborais das demandantes coa empresa élles de aplicación o Convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Terceiro. As demandantes durante o ano 2009 prestaron os seus servizos a partir das 5.00 horas da mañá.

María José Gonella Beares e Eva María Alvedro Boedo, 20 horas á semana con tres semanas seguidas de dous días libres e un só día libre a cuarta. Victoria Viñas Vázquez, 10,5 horas á semana, e Graciela Corral Vázquez, 15,25 horas á semana con tres semanas seguidas de dous días libres e un só día a cuarta.

As dúas primeiras e Graciela traballaron en 2009 239 horas en horario nocturno. Victoria Viñas, 183 horas.

Cuarto. As demandantes prestaron servizos en 2009 durante 12 xornadas festivas, máis o Sábado Santo.

Quinto. A empresa aboáballes ás demandantes a cantidade equivalente a 7,71 euros por hora traballada, con inclusión de vacacións.

Sexto. O día 3 de febreiro de 2010 tivo lugar un acto de conciliación ante o SMAC co resultado de «sen avinza».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. No presente proceso as demandantes que mantiveron as súas pretensións reclaman as seguintes cantidades, que responden ás sumas de diferenzas entre o aboado e o debido por traballo en horario nocturno, días festivos non recuperables e a cuantificación da hora de traballo a tempo parcial:

María José Gonella Beares, 1.014,23 euros.

Eva María Alvedro Boedo, 1.014,23 euros.

Victoria Viñas Vázquez, 696,64 euros

Graciela Corral Vázquez, 858,86 euros.

Segundo. A anterior relación fáctica quedou acreditada, para os efectos do artigo 97.2 da LPL/LRXS, grazas á proba documental e ao interrogatorio de parte valorada conxuntamente.

Sen comparecer a empresa demandada citada en legal forma aos actos de conciliación e xuízo, as demandantes acreditaron a relación laboral coas súas circunstancias, a través da proba documental achegada, que abrangue nóminas e cadros horarios, así como do interrogatorio de parte, tendo en conta a posibilidade de aplicar unha ficta confessio de conformidade cos artigos 91.2 da LRXS e 304 da LAC.

Terceiro. Considerando acreditada a prestación de traballo nas horas nocturnas e festivos que se indican na demanda, e ao non constar o aboamento de maiores cantidades que as que se mencionan, feito extintivo cuxa proba recae sobre a empresa (ex art. 217.1 e 3 da LAC), cabe acceder á reclamación efectuada, ao ser coherente coas previsións do convenio colectivo aplicable na anualidade a que se refiren os servizos laborais a que se contrae a reclamación, nunha interpretación razoable das súas disposicións e do art. 47 do R.D. 2001/1983, no que atinxe á remuneración de días festivos.

Resolvo:

Acéptase a demanda interposta por María José Gonella Beares, Eva María Alvedro Boedo, Victoria Viñas Vázquez e Graciela Corral Vázquez, fronte a Serlinter, S.A., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, condénase a demandada a lles aboar as seguintes cantidades:

A María José Gonella Beares, 1.014,23 euros.

A Eva María Alvedro Boedo, 1.014,23 euros.

A Victoria Viñas Vázquez, 696,64 euros.

A Graciela Corral Vázquez, 858,86 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina, Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento».

E para que lle sirva de citación a Serlinter, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de xuño de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial