Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara en concreto de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada LMT derivada Porto-Prado, nos concellos de Carballeda de Avia e Ribadavia (expediente IN407A 2013/13-3).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense, sobre autorización administrativa e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia, así como a aprobación do seu proxecto de execución, asinado o 22 de agosto de 2012 por Burkard Hecht Elorduy, enxeñeiro industrial colexiado nº 2633, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A petición someteuse a información pública por Resolución do 28 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, publicada no DOG do 1 de abril de 2013, no BOP de Ourense do 2 de abril de 2013, no xornal La Región do 19 de marzo de 2013, no taboleiro de anuncios dos concellos afectados, e nesta xefatura territorial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo. Dentro do prazo establecido para iso presentaron alegacións os titulares dos predios 11 e 12, segundo as numeracións do plano parcelario do proxecto; destas alegacións, que se refiren á falla de acordo económico, no primeiro caso, e no segundo por solicitude de aclaracións da información remitida ao afectado, déuselle traslado á empresa eléctrica solicitante para os efectos oportunos.

Terceiro. As características técnicas das instalacións proxectadas, que teñen un orzamento de 46.331,86 euros, son as seguintes:

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV, de 1.607 m de lonxitude con condutor tipo/sección LA 56/54,6 mm2, que ten a súa orixe na LMT ao CT Santo Estevo (32C044) e remate no CT Franqueirán (32A056).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000, polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, e polo Decreto 245/2009, do 30 de abril, que regula as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Non se poden aceptar as alegacións presentadas por Eugenio Rodríguez Vázquez, titular do predio nº 11, no cal non existe variación de trazado conforme a liña eléctrica actual, que polo tanto soamente o afecta por proximidade e sen voo directo do condutor, xa que o menosprezo derivado das ocupacións e imposicións de servidumes de paso do tendido eléctrico proxectado non corresponde a esta fase do procedemento entrar na súa valoración, pois iso é competencia do Xurado de Expropiación de Galicia, órgano a que se lle remitirá o expediente logo do levamentamento das actas previas á ocupación e da incorporación das follas de aprecio contradictorias que presenten as partes.

Polo que respecta á información e aclaracións pedidas por Daniel Rodríguez González xa lles foi facilitada co noso escrito con R.S. nº 2401 do 2 de abril de 2013.

Cuarto. O proxecto de execución, que conta co informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial, reúne todos os requisitos necesarios para a súa execución. Efectuouse a comprobación sobre o terreo do trazado da liña eléctrica, en que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Esta xefatura territorial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º. Autorizar, aprobar o proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2º. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique, de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 12 de xuño de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense