Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2013 Páx. 27685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 238/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Lago-Paraíso.

Situación: concello de Valdoviño.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, coa orixe no apoio nº 94 da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada ao CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles, en condutor LA-110 mm2, e final no apoio nº 96D da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada ao CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, coa orixe en paso aerosubterráneo que se vai realizar en apoio proxectado nº 95 da LMT CRN-708A, tramo entre a derivada ao CT Lago Pena (expediente 71/97) e CT Robles, condutor RHZ1, e final no CT Lago Paraíso (expediente 27.415).

Reforma centro de transformación non prefabricado Lago-Paraíso (expediente 27415), cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña