Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27379

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2851/2010).

Nº de recurso: recurso de suplicación 2851/2010 CRS.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 104/2010 do Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorrido: Mutua Midat Cyclops. Avogado: José Luis Feijoo Borrego (Vigo). Procurador/a: fax 981 26 63 52.

Recorrido: Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorrido: Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L.

Recorrido: José Carlos Vilas Hervello. Avogado/a: Camiño do Portal, 25-26, 36314 Vigo.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2851/2010 desta Sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada da administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a Sentenza do 19 de abril de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso promovido pola demandante Mutua Midat Cyclops contra a empresa Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L. e outros, debemos confirmar e confirmamos integramente os pronunciamentos contidos na resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones y Reparaciones Eurovigo, S.L., con último domicilio coñecido na Estación de Autobuses, local 35, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2013

A secretaria xudicial