De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 12 de novembro de 2012 (DOG do 19 de novembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro) modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 27 de xuño de 2013
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Código: CD1202-X06-225-CD-01.
Corpo: profesorado contratado doutor.
Área de coñecemento: A-225 Economía Aplicada.
Departamento: X06 Economía Aplicada.
Centro de traballo: 303 Fac. CC. Económicas e Empresariais-Vigo.
DNI: 36133325-A.
Nome e apelidos: María Carmen Padín Fabeiro.