Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27381

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (599/2011).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 599/2011-MFV desta Sala, seguido por instancia de OYP Vigo, S.L.N.E. contra o Fogasa, Fábrica de Casas de Madera, S.L., Carpintería Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., Miguel Pahino Álvarez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa OYP Vigo, S.L. contra a Sentenza do 12 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso 241/2010 seguido por instancia de Miguel Pahino Álvarez contra as empresas Fábrica de Casas de Madera, S.L., Carpintería Las Cinco Jotas de Galicia, S.L. e OYP Vigo, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, débeselles dar o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer. E, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, debe aboar os honorarios do demandante impugnante do seu recurso, por importe de trescentos euros (300 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación ás empresas Fábrica de Casas de Madera, S.L. e Carpintería Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial