Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27383

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1005/2013).

Nº de recurso: recurso de suplicación 1005/2013 CRS.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 634/2011 do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Nelson Antonio Silva Marques.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández.

Procurador/a:

Graduado/a social:

Recorrido: Logesta Noroeste, S.A.

Avogada: Isabel Segura Núñez.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Fogasa

Transportes Visantoña S.A. Ldo. Cristian Díaz Delgado. A Coruña.

Llanera Logística, S.L.U. DOG.

Distribuciones Vaamonde S.L. DOG.

Depósito Fiscal y Logística S.L. DOG.

Fernando Luis Vaamonde Romero DOG

Comercializadora Lucense de Transportes, S.L. Pza. Santo Domingo, 20-1º. 27001 Lugo.

Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans) Pol. Pocomaco-parcela B-15-2ª esq. (A Coruña).

Admón. concursal de Transportes Visantoña, S.A., not. Sr. Comendador Alonso. R/ Juan Flórez, 82, ent. 3. 15004 A Coruña.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso suplicación 1005/2013 desta sección, seguido por instancia de Nelson Antonio Silva Marques contra a empresa sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Nelson Antonio Silva Marques contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 desta capital, con data do 12 de xuño de 2012, nos presentes autos 634/2011 acumulados aos autos 501/2012 e 591/12, sobre despedimento, seguidos por instancia do traballador recorrente fronte ás empresas demandadas Transportes Visantoña, S.A., Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L., Fernando Luis Vaamonde Romero, Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Llanera Logística, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., o administrador concursal de Transportes Visantoña, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese os destinatarios Llanera Logística, S.L.U., Depósito Fiscal y Logística S.L, Distribuciones Vaamonde S.L., Fernando Luis Vaamonde Romero, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial