Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1149/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1149/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fabián Villar Silva contra a empresa Edificación y Derivados Estructurales, S.L., sobre reclamación de cantidade por ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fabián Villar Silva contra Edificación y Derivados Estructurales, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Edificación y Derivados Estructurales, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 5.949,98 euros brutos, polos salarios devindicados nos meses de setembro a decembro de 2009, e a compensación económica polo non desfrute de vacacións do ano 2009, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 367,91 euros como indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra este recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Edificación y Derivados Estructurales, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial