Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2013 Páx. 27387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (697/2012).

Nº autos: seguridade social 697/2012.

Demandante: Rubén Alberto Álvarez Celedonia. Avogado: José Miguel Orantes Canales.

Demandado: Mutua Universal.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 697/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra a empresa Imprenta Argrove, S.L. e outros sobre incapacidade temporal-Seguridade Social, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Universal e a entidade Imprenta Argrove, S.L. e, en consecuencia, debo absolver as demandadas das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se arquivará.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Argrove, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial