Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27121

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (601/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 601/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Vázquez García contra a empresa Senior Santiago, S.L. e Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María del Mar Vázquez García, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Senior Santiago, S.L., debo deixar e deixo sen efecto as resolucións ditadas polo INSS con datas do 4 de febreiro e do 22 de marzo de 2010, polas que se lle denegou á demandante a prestación de incapacidade temporal reclamada na demanda, e debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencia común reclamada na demanda, desde o día 21 de xaneiro de 2010 ata o 30 de xuño de 2010, cunha base reguladora de 17,39 euros diarios. Condeno a demandada Senior Santiago, S.L., de forma directa e exclusiva, ao pagamento desa prestación, con responsabilidade subsidiaria do INSS para caso de insolvencia e sen prexuízo da obriga de anticipo da prestación polo INSS nos termos previstos no fundamento terceiro desta resolución e do seu dereito de repetición, de ser o caso, fronte ao empresario demandado.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Senior Santiago, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial