Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (303/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 303/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Carmen Blanco Lapido contra a empresa Hotel El Hórreo, S.A. sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 317/2013.

A Coruña, 12 de xuño de 2013.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, o estado procesual que presentan as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como despedimento baixo o número 303/2013, nas que é parte demandante María Carmen Blanco Lapido, asistida polo Sr. Pedreira Candal, e partes demandadas, a mercantil Hotel El Hórreo, S.A., que non compareceu aos actos de conciliación xudicial e xuízo a pesar de ser citado en legal tempo e forma, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), asistido pola letrada Sra. Prosper Montalvo, en nome de S.M. O Rei veño a ditar a presente con base nos seguintes.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda presentada pola traballadora María Carmen Blanco Lapido, asistida polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra a mercantil Hotel El Hórreo, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) por existir caducidade da acción de despedimento e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as demandadas de todos os pronunciamentos aducidos no seu contra no escrito de demanda reitor.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco (5) días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada conta, lida e publicada que foi a anterior sentenza, pola xuíza substituta que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Hotel El Hórreo, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial