Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (119/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 119/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Aitor Prego Castaño contra a empresa Frutas Rías Baixas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Aitor Prego Castaño, contra Frutas Rías Baixas, S.L., declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 31 de decembro de 2011, e declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que vinculaba a Aitor Prego Castaño con Frutas Rías Baixas, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 2.318,49 euros en concepto de indemnización, e q que se lle aboe ao actor a suma de 1.922,03 euros máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto desta última cantidade.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Frutas Rías Baixas, S.L, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial