Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1248/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1248/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco J. Sánchez Triñanes contra a empresa Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Mabarza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Francisco José Sánchez Triñanes, contra Exfoga, S.L., Brauron, S.L. e Mabarza, S.L., debo declarar e declaro que as mercantís demandadas lle deben ao demandante a suma de oito mil catrocentos seis euros con trinta e oito céntimos (8.406,38 €) e, en consecuencia, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente ao demandante, coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos dos artigos 33 do ET, a suma de oito mil catrocentos seis euros con trinta e oito céntimos (8.406,38 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Exfoga, S.L., Brauron, S.L. e Mabarza, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013

A secretaria xudicial