Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2013 Páx. 27115

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (984/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento despedimento obxectivo individual 984/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vázquez Pampín contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., Servicios y Construcciones Santiago Serconsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que estimo a demanda interposta por Francisco Javier Vázquez Pampín contra as mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil Gasamáns, S.L., con efectos do 31 de outubro de 2012.

2. Declaro extinguida no día de hoxe, 12 de xuño de 2013, a relación laboral existente entre Francisco Javier Vázquez Pampín e as mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L.

3. Condeno conxunta e solidariamente, as empresas Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 30.635,94 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese ás partes esta resolución. Contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acordo, mando e asino, María del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L., insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial