Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (817/2012).

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 817/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, resolución de contrato e reclamación de cantidade, por instancia de María Susana Mirás Buján contra Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.), Mixed Center, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

«Resolvo que considerando que existe unha indebida acumulación de accións respecto da reclamación de cantidade correspondentes ao complemento de incapacidade temporal, considérase efectuada a opción a prol das restantes accións exercitadas, sen prexuízo do dereito da parte demandante a exercer a dita reclamación de cantidade de complemento de incapacidade temporal por separado.

Que debo estimar e estimo a acción de resolución de contrato, a acción de reclamación de cantidade (mensualidades) e a acción de despedimento formuladas por María Susana Mirás Buján fronte a Denim Sport Wear, S.L. (anterior Don Vaquero Sport Wear, S.L.) e Mixed Center, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro resolto o contrato de traballo que une a demandante coas empresas demandadas na data desta sentenza e por causas imputables ás demandadas, e condénoas a pagar solidariamente á demandante 34.969,95 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento efectuado con efectos do 30 de setembro de 2012.

3º. Condeno as demandadas solidariamente a aboar á demandante os salarios de tramitación que se devindicasen desde o 30 de setembro de 2012 ata a presente sentenza, a razón de 42,35 euros por cada día dese período en que a demandante non permanecese en situación de incapacidade temporal.

4º. Condeno as demandadas solidariamente a lle aboar á demandante 5.123,67 euros en concepto dos conceptos retributivos das mensualidades de abril ao 15 de xullo de 2012 inclusive, suma que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (4.637,93 euros).

5º. Condeno as demandadas ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante, que se fixan na suma de 200 euros.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade, de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

A maxistrada xudicial