Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (878/2012).

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 878/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Esther Pais Pazos, asistida do graduado social Francisco Javier Castro Freire contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Esther Pais Pazos contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á demandante 3.642,42 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET, todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013