Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 11/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Araceli Espiño Puente contra a empresa Tellus de Somnus, S.L., sobre despedimento/cesamento en xeral, ditouse decreto de insolvencia o 3 de xuño de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Tellus de Somnus, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 15.549,68 euros de principal, máis 1.500 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpoñer recurso de 25 euros, na conta nº 5076 no Banco Español de Crédito, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tellus de Somnus, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial