Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2013 Páx. 26949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (223/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 223/2012

Demandante: Sandra Villaverde de Francisco

Demandados: Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouel Brache

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 223/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Villaverde de Francisco contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións (en extracto):

Auto de data 25 de febreiro de 2013

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento de despedimento 90/2012 a favor da parte executante Sandra Villaverde de Francisco fronte á parte executada Grace Antonia Nouel Brache pola cantidade de 11.773,75 euros en concepto de indemnización, 7.290,00 euros en concepto de salarios de tramitación ata a notificación da sentenza, 3.654,82 euros en concepto de salarios non subscritores, 204,27 euros en concepto de xuros calculados conforme o artigo 29.3 do ET e de 2.292,28 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultáneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, polo que queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Déaselle traslado ao Fondo de Garantía Salarial da presente resolución, xunto con copia da demanda de execución, para os efectos previstos no artigo 23 da LXS.

Decreto de data 26 de febreiro de 2013

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Grace Antonia Nouel Brache co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución que ascende a 22.922,84 euros, en concepto de principal, e de 2.292,28 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas. Deberá manifestar a dita relación coa precisión necesaria para garantir as súas responsabilidades. Deberá, así mesmo, indicar as persoas que posúan dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concretar os aspectos deste que poidan interesar á execución. Esta obriga incumbirá, cando se trate de persoas xurídicas, aos seus administradores ou ás persoas que legalmente as representen e, cando se trate de comunidades de bens ou grupos sen personalidade, a aqueles que aparezan como os seus organizadores, directores ou xestores. No caso de que os bens estivesen gravados con cargas reais, deberá manifestar o importe do crédito garantido e, de ser o caso, a parte pendente de pagamento nesa data. No caso de bens inmobles, deberá indicar se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Proceder á investigación xudicial do patrimonio do executado. Para tal efecto, consultaranse as bases de datos a que teña acceso este órgano xudicial a través do punto neutro xudicial e libraranse os despachos pertinentes aos organismos e rexistros públicos co fin de que faciliten a relación de todos os bens ou dereitos do debedor dos cales teñan constancia, tras a realización por estes, se for preciso, das indagacións legalmente posibles. Solicitarase a información precisa, dentro dos límites do dereito á intimidade persoal, para lograr a efectividade da obriga pecuniaria que execute, de entidades financeiras ou depositarias ou doutras persoas privadas que polo obxecto da súa normal actividade ou polas súas relacións xurídicas co executado deban ter constancia dos bens ou dereitos deste ou puideren resultar debedoras deste.

– Acórdase o embargo das devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de lle devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Acórdase o embargo dos saldos das contas bancarias a favor da executada, Grace Antonia Nouel Brache, nas entidades bancarias que resulten da consulta informática que se realizará a través da conta de consignacións xudiciais deste órgano, e iso en canto sexa suficiente para cubrir a suma das cantidades reclamadas.

– Consúltese a base de datos informáticos do Rexistro Central de Índices da Propiedade a través do punto neutro xudicial.

Decreto do 12 de xuño de 2013

Parte dispositiva

Acordo: acumular a presente execución con número 223/2012 seguida nesta oficina xudicial á que se segue neste xulgado co número 185/2012, logo de entrega á parte executante de mandamento de devolución por importe de 9,79 euros por conta do principal reclamado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de decretos deste órgano xudicial deixando testemuño nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial